ACTIVIDADES TRIMESTRE AULAS ED. ESPECIAL

Durante o terceiro trimestre leváronse a cabo diferentes actividades co alumnado con necesidades educativas especiais. 

Nas aulas de apoio traballáronse autonomía e habilidades sociais a través de distintas saídas culturais: aula de ecoloxía urbana, centro de día, conservatorio Xan Viaño.

Por outra banda continuáronse cos obradoiros de música e expresión corporal, creativo e ocio. Tamén fixemos un proxecto sobre “O Mar” onde se realizou un mural empregando diferentes técnicas e materiais sobre o aprendido nas clases teóricas.

Podedes ver fotos destas actividades facendo clic aquí: VER GALERÍA