Actividades

DIA MUNDIAL DE TOMA DE CONCIENCIA DO ABUSO E MALTRATO NA VELLEZ

O pasado día 15 de xuño o alumnado de 5º de primaria xuntouse cun grupo de usuarios do Centro de Día de Caranza para conmemorar o Día mundial da toma de conciencia do abuso e maltrato na vellez. No parque biosaudable a que está entre os dous centrps fixeron xogos tradicionais e un mural entre todos.

Podedes ver imaxes desta actividade facendo clic aqui: VER GALERÍA

 

VISITA DO AUTOR XOSÉ HENRIQUE RIVADULLA CORCÓN

 

O pasado día 31 maio o alumnado de 5º de primaria recibiu a visita do autor Xosé Henrique Rivadilla Corcón. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais.

Autor de poesía, teatro, narrativa e ensaio, visitou o noso colexio en calidade de de autor de literatura infanto-xuvenil. Entre as súas obras podemos destacar entre outros O elefante dunha soa orella, ¿A que veñen as gaivotas a Compostela?A balada de Roi Nemiña, O sorriso de Claudia, ou Os piratas da Illa Esperanza que foi o libro que leron os nosos alumnos de 5º.

Os nosos piratas en prácticas fixéronlle una pequeña entrevista para descubrir máis cousas do autor e do libro que tanto lles gustou.

Ao final da charla Xosé Henrique asinou os exemplares do seu libro aos rapaces de 5º.

 

PONTE NO MEU LUGAR

 

Os días 31 de maio e 1 de xuño, o alumnado de 6º EP participou un ano mais na actividades “Ponte no meu lugar” organizado por ASPANEPS. Trátase dun proxecto de sensibilización sobre a discapacidade que leva a cabo en centros escolares de Ferrol para nenos e nenas de 6º de primaria co propósito de propiciar o achegamento e o coñecemento mutuo entre rapaces con e sen discapacidade para compartir experiencias que estimulen a sensibilidade social, a cooperación e a tolerancia.

Os nenos e nenas participantes, así como os seus educadores as levan a cabo diversas actividades didácticas e unha  auditoría de accesibilidade do propio centro. A súa experiencia e valoración propician a edición dunha unidade didáctica editada en  posters e carteis que se distribúen  nos centros escolares de Ferrol.

Podedes ver imaxes desta actividade facendo clic aquí: VER GALERÍA

 

ACTIVIDADE CÓ CENTRO DE DIA

O pasado día 23 de maio o noso alumnado con necesidades educativas especiais realizou unha actividade en colaboración co centro de día de maiores de Caranza. Acompañados polas súas profesoras de aula de apoio acudiron ao centro de día onde, en colaboración cos seus usuarios pintaron unha "Menina" que maís tarde exporase no proxecto das Meninas do barrio de Canido.

 

 

VIDEOCONFERENCIA COA AUTORA MÓNICA RODRÍGUEZ

O pasado día 10 de maio o alumnado de 6º de primaria mantivo unha charla coa autora Mónica Rodríguez Suárez, autora entre outros, do libro "Alma y la isla", que os rapaces e rapazas de 6º tiñan lido previamente. A novidade foi que a autora non veu ao colexio se non que a charla foi a través dunha videoconferencia. A charla, pese algúns problemas técnicos foi moi animada e os nenos tiveron a ocasión de facerlle preguntas sobre este libro no que a protagonista, como lles dixo a autora, ten moito dela.

 

Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969. Estudiou ciencias físicas e traballou durante 15 anos nun centro de investigación. En 2009 pediu unha excedencia para escribir. En 2003 publicou o seu  primeiro libro, “Marta y el hada Margarita”. Obtivo numerosos premios entre os preto de corenta títulos que xa ten publicados.

 

VISITA DA AUTORA MARÍA CANOSA

O pasado día 26 de Abril o alumnado de 3º e 4º de primaria recibiu a visita da autora María Canosa, articulista en " La Voz de Galicia ", e que foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Foi a «experta» en letras nos concursos dos programas de TVG Cifras e letras e Verbas van.

É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con " Bramido maino "(1997), e continuada, entre outras, por títulos como " Rubicundo " (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014 e " A cazadora de estrelas " (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016, e que o noso alumnado leu este curso. Ao final da charla María Canosa asinou os exemplares do seu libro aos rapaces de 3º e 4º.

 

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS EN 1º DA ESO 

 

En 1º da ESO, os martes temos clase de Matemáticas pola mañá e  pola tarde. As clases da tarde é máis lúdica, introducindo xogos na aula para reforzar os contidos que se están a dar en cada momento.

Por  exemplo, as porcentaxes e a proporcionalidade trabállanse cun dominó no que se relacionan as porcentaxes cos seus números decimais e as súas fraccións equivalentes e tamén traballamos directamente as porcentajes cos folletos de ofertas dos supermercados (o 2x3, a segunda unidade a metade de precio, etc.)

Para isto seguimos a estrutura de traballo cooperativo do folio xiratorio

Tamén traballamos o sistema métrico decimal con tres dominós distintos cos que se viron os cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade. Nalgunhas pezas do dominou tamén se inclúen conceptos de xeometría plana de perímetro e área.

Seguiuse a estrutura de traballo cooperativo de lapis ao centro para respectar as quendas do xogo ir cubrindo a táboa de cambio de unidades nun papel grupal.

Noutra actividade refórzanse fraccións de dúas maneiras: cun dominou de fraccións e cun tangram. Aprovéitase a posibilidade de traballar con materiais manipulativos para achegar máis os contidos aos alumnos.

Xogan seguindo estruturas de traballo cooperativo, en concreto, o folio xiratorio e, cando non fan rexistro escrito do que van facendo, van participando en quendas simulando a estrutura de lapis ao centro.

Podedes ver imaxes destas actividades facendo clic aquí: VER GALERÍA

 

CLAUSTRO CONXUNTO (04/04/18) 

O pasado  4 de abril os claustros dos colexios Compañía de María e Lestonnac tivemos un encontro convocado por Marina Ríos, Superiora Provincial da Compañía de María, baixo o lema: "Unamos as nosas forzas".

Nesta xuntanza presentou a Misión da Compañía de María en España e a nova organización e estrutura para o seu desenvolvemento. Rematamos a tarde compartindo unha pequena merenda.

  

 

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN (12/04/18)

O xoves 12 de abril , recibimos a visita de Cristina Porca Fernández Doutora en nutrición.

Asistiu a esta charla o alumnado de 6º de primaria e o de 1º ESO, na cal os nosos alumnos descubriron a importancia que ten unha boa alimentación compaxinada cun pouco de exercicio para estar en plena forma mental e física.

Podedes ver imaxes desta saida facendo clic aquí: VER GALERÍA

 

VISITA DE 4 E 5 ANOS AO ACUARIO DE CORUÑA (12/01/18)

O pasado luns día 22 os peques de 3 e 4 anos de Educación Infantil visitaron o Aquarium Finisterrae na Coruña. 

A cita era ás 10.30 horas e como en anos anteriores, a visita foi moi interesante. A nosa guía, María, ensinoulles aos pequenos dende una curiosa exposición feita con residuos atopados no mar e nas praias, peixes de todo tipo e cores, estrelas de mar, polbos…ata o famoso tiburón Gastón  que podemos ver dende o submarino Nautilus.

A visita durou algo máis de 1 hora e 30 min, una vez rematada tomamos a mediamañá antes de coller o autobús de volta para chegar ao cole preto das 14 horas.

Podedes ver imaxes desta saida facendo clic aquí: VER GALERÍA

 

VISITA DE 6ºÁ EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO" (12/01/18)
 

O venres 12 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria visitaron a exposición sobre arte e música titulada “Sonoro empeño” na sede de Afundacion en Ferrol.

A visita estivo dividida en dúas partes; na primeira, os rapaces tiveron que preparar unha exposición oral dos diferentes estilos artísticos (expresionismo, cubismo, rexionalismo, realismo e informalismo) que coincidían cos seus respectivos estilos musicais (rock, jazz, folk, música clásica e heavy metal) xa que comparten características similares.

Na segunda parte da visita os nosos alumnos-as plasmaron nun mural os diferentes estilos artísticos empregando diferentes cores mentres que escoitaban música. A arte ten que sentirse.

Podedes ver imaxes desta actividade facendo clic aquí: VER GALERÍA