Rede Laical Compañía de María

 

 

A Rede Laical da Compañía de Maríaé unha proposta aberta a todas as persoas, que libremente, queiran participar en Grupos Apostólicos laicales para  vivir e compartir a súa experiencia cristiá inspirados na espiritualidade de Xoana de Lestonnac;  persoas que tratan de atopar a Deus en todas as cousas e  buscan  como colaborar na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta desde as distintas dimensións da propia vida.

Os Grupos da Rede Laical teñen encontros  periódicos nos que comparten o paso de Deus na vida cotiá e déixanse iluminar polo Evanxeo, os Documentos da Igrexa e da Compañía de María, e pola realidade cultural, social, política, económica… do mundo de hoxe.

Posibilítase a participación en Xornadas de Espiritualidade e Exercicios Ignacianos; a colaboración en actividades de voluntariado en Proxectos da Compañía, FISC ou outros. Interrelaciónanse cos demais grupos  da Rede Laical, comunidades de relixiosas da mesma zona e están abertos á dimensión internacional da Compañía de María.

A Rede Laical Compañía de María naceu en abril de 2003, a partir do desexo  e  petición dun grupo de laicos e laicas que querían vivir a súa fe nun Proxecto de vida cristiá laical, na Igrexa, coa espiritualidade da Compañía de María.

Hoxe podemos dicir que é unha realidade en moitas cidades de España e do mundo onde a Compañía de María ten presenza, dunha forma ou outra, posibilitando a moitos laicos vivir o seu compromiso cristián.