Compañía de María en España

 

A ilusión de Xoana de Lestonnac para que a educación da mocidade chegase a máis mozas foi unha chamada ao crecemento da Compañía de María que se estendeu rapidamente por toda Francia e máis tarde por España.

En 1650, dez anos despois da morte da Fundadora, as relixiosas da cidade francesa de Béziers fundan en Barcelona o primeiro convento escola de España. «O ENSINO» (LA ENSEÑANZA) - era o nome que os barceloneses deron ao colexio e á rúa onde estaba situado-. Esta expresión mantívose ao longo do tempo significa unha forma de educar ás mozas de maneira integral.

As relixiosas de Barcelona realizan a súa primeira fundación en Tudela en 1687; desde onde a Compañía de María medrou pola Península e por Iberoamérica.

A misión da Compañía de María en España é: «evanxelizar como educadoras ao servizo da fe que frutifica en obras de xustiza».

Hoxe esta misión abarca outros ámbitos de educación non formal como:

 

Proxectos sociais propios Compañía de María en España:      


 

    

Proxectos sociais onde a Compañía de María está implicada:   O noso Colexios Maiores e Residencias Universitarias:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén, a Compañía de María opta polo acompañamento da mocidade. Para coidar esta etapa tan importante na formación da persoa requírese de lugares e ambientes que o favorezan. Por iso, consideramos os Colexios Maiores e Residencias Universitarias un ámbito axeitado para levar a cabo o seu proxecto educativo coa mocidade universitaria e unha plataforma privilexiada de evanxelización.

Se queres saber máis de nós colegioscompañiademaria.org