Compañía de María no Mundo

Máis de 400 anos de historia, unha longa cadea de entrega e de esforzos, falan dunha sucesión continua de mulleres que fixeron fronte con decisión e coraxe ás situacións orixinadas nos diferentes países a través do tempo.

Hoxe a historia continúa... en 26 países situados en catro continentes: Europa América, África e Asia, cun gran número de relixiosas e laicos comprometidos coa misión educativa da Compañía de María.

A diversidade configura hoxe a identidade do Proxecto Educativo Compañía de María, facéndoo vivo, aberto e dinámico.

Se queres saber máis de nós  www.lestonnac-odn.org