Pastoral

 

 

Entendemos por Pastoral todo proceso que constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo; propicia o encontro da persoa con Xesucristo, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación.

A nosa proposta Pastoral aborda moitas dimensións: a interioridade, o sentido de comuñón,  o compromiso, a solidariedade, a celebración… Está aberta a todos os que se sintan convocados a vivilo no marco educativo e compartindo un Proxecto común.

Algúns dos seus trazos son:

  • A persoa, centro da educación.
  • A comunidade, espazo de convivencia e relacións.
  • O acompañamento persoal e grupal dos alumnos.
  • O discernimento persoal e a interioridade.

É no ámbito escolar e a través dunhas ofertas e propostas concretas, como facemos explícito que somos colexios de orientación cristiá.

Accións dirixidas ao alumnado:

  • Ensino relixioso escolar.
  • Celebracións.
  • Xornadas de formación human-cristiá (Convivencias Cristiás).
  • Acción tutorial.
  • Solidariedade e Educación para o Desenvolvemento.
  • Educación da Interioridade.

No ámbito extraescolar, espazo complementario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe cunha participación  voluntaria, tamén ofrecemos:

  • Preparación e celebración de Sacramentos.
  • Voluntariado.
  • Grupos Lestonnac.
  • Arte Humanismo e Espiritualidade (AHE).
  • Rede Laical Compañía de María.