Traballo Cooperativo

 

Cando falamos de aprendizaxe cooperativa, debemos facelo entendéndoo como unha metodoloxía activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a súa autonomía persoal.

Cada vez son máis os docentes que deciden aplicar este método de ensino nas súas aulas coa convicción de que outra educación é posible, é dicir, unha educación que non só pon o seu acento nos resultados, senón nos procesos de ensino-aprendizaxe. A metodoloxía cooperativa converteuse para moitos profesores nunha excelente oportunidade para traballar aspectos do desenvolvemento do alumnado como é o talento, a creatividade e a resolución de conflitos de maneira creativa e sempre tendo moi claro que toda a aprendizaxe debe fundamentarse na inclusión. Porque a cooperación é traballar conxuntamente cun mesmo fin, fomentar a axuda cara ao outro, crear redes de apoio e adoptar un sentido de comunidade no grupo. Así, o coñecemento non só pertence ao docente, senón que é o propio alumno, desde a súa autonomía e coa axuda doutros compañeiros, o que é capaz de aprender por si mesmo e dos outros.

En España un dos máximos expoñentes da aprendizaxe cooperativa en España é Pere Pujolàs (Grupo de Investigación sobre a Atención á Diversidade ( GRAD) da Universitat de Vic) e o seu programa Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar ( CA/AC). Varios profesores do noso colexio recibiron formación a través da Compañía de María polo equipo da Universitat de Vic e son eles os encargados de formar ao resto do profesorado neste ámbito.

Este programa é posiblemente un dos máis completos que existen sobre como implantar a metodoloxía cooperativa desde cero na aula. Entre os seus obxectivos está poñer en práctica fórmulas que permitan que o alumnado aprenda a traballar en equipo dentro da aula.

Oprograma CA/AC baséase nos chamados ámbitos, é dicir, modelos sobre como traballar en equipo. Concretamente son tres os ámbitos aos que este programa fai referencia: Ámbito A (Cohesión de grupo), Ámbito B (Traballo en equipo como recurso a ensinar) e Ámbito C (Traballo en equipo como contido a ensinar).

Para facervos unha idea do programa podedes acceder á seguinte ligazón.