Educación para o Desenvolvemento


Educamos persoas, cambiamos o mundo. Para iso necesitamos"Educar na vida e para a vida".

FISC, a ONGD da Compañía de María, posibilita a proxección social e permítenos vivir a solidariedade e o compromiso  máis aló das aulas.

A responsabilidade social e ambiental están moi presentes na nosa forma de educar, orientada ao ben común das persoas, da humanidade e do planeta no que vivimos.

A través do proxecto de Educación para o Desenvolvemento e estratexias competenciais e metodolóxicas implicámonos activamente na construción dun mundo máis humano e habitable.