Misión,Visión e Valores

MISIÓN

O colexio Santa Juana de Lestonnac, sito  no barrio de Caranza na cidade de Ferrol, é un centro concertado con dúas liñas dende 2º ciclo de Educación Infantil ata 4º E.S.O. e dúas aulas de educación especial. É un centro do Instituto relixioso Compañía de María Nosa Señora.

O noso proxecto educativo, baseado no ideario da fundadora, Juana de Lestonnac, é un proxecto aberto a todos, en constante renovación e que ten como misión o servizo permanente aos alumnos e as súas familias, aos que trata de presentar un modelo de convivencia baseado nunha proposta de valores dende a óptica do humanismo-cristián e sempre cunha visión positiva da persoa e do mundo; "ensinando a vivir" a través da relación e o acompañamento para transformar esta sociedade dende os valores do Evanxeo.

VISIÓN

Queremos que o noso colexio sexa un centro referente no barrio pola súa apertura, cercanía e dinamismo, un colexio que integra a todos os nenos e nenas tendo en conta as súas capacidades, calidades, dificultades, procedencia ou calquera característica individual. Un centro de dúas liñas con estabilidade en nº de alumnos, sostible economicamente  e cun modelo de xestión que procura a  mellora continua.

VALORES

Valores cos que nos comprometemos no noso modo de proceder e relacionarnos cos demais grupos de interese.

· Respecto

Como valor que faculta á persoa para o recoñecemento, aprecio e estimación das calidades dos demais e os seus dereitos, ha de ser recoñecido como un valor central para lograr que as persoas fomenten o diálogo e a aceptación dunha convivencia do eu cos demais.

· Valoración da diversidade

Ter conciencia de que a nosa maneira de proceder ha de estar enmarcada no  ámbito plural, incluíndo outras formas de ser, de pensar e de facer.

· Transparencia

Os nosos grupos de interese han de coñecer a nosa actividade, os nosos logros, os nosos puntos fortes e os aspectos nos que debemos de mellorar.

Transparencia do que somos, facemos e queremos conseguir.

Transparencia como xeradora de confianza, de información adecuada para saber onde estamos, que temos e o que pretendemos acadar.