Relación Familia-Escola

Entendemos a Educación como unha tarefa compartida entre familias e colexio cun obxectivo moi claro: a formación integral do neno.

Desde o noso colexio tratamos de que as familias traballen de maneira conxunta e coordinada con nós  para que o neno non atope contradicións entre o que aprende na casa e o que aprende no colexio. Así, convértese en algo fundamental o establecer unhas canles de información eficientes para transmitir entre as familias e o colexio todos aqueles aspectos cotiáns que poden ser relevantes para o desenvolvemento do neno.

Na relación coas familias sempre tratamos de fomentar e manter un clima cálido e acolledor, de confianza e respecto, facendo, na medida do posible, que as familias participen na vida do colexio, que se sentan parte da Comunidade Escolar e compartir información e experiencias que axuden mutuamente á educación dos nenos .

Para levar a cabo todo o anterior é necesario concretar accións que faciliten a consecución dos nosos obxectivos. Para isto, o noso colexio leva a cabo ao longo do curso unha serie de accións dirixidas ás familias e que nos axudan a establecer liñas de traballo e colaboración con elas:

· Reunión informativa anual  a principio de curso

· Reunións xeral trimestrais por curso

· Reunións individualizadas cos titores cada trimestre

· Cartas e circulares de información xeral

· Período de Adaptación en 3 anos

· Contactos diarios á entrada e saída con información puntual

· Información diaria mediante a axenda

· Informes trimestrais (Notas)

· Participación das familias en obradoiros, festas, conmemoracións, festivais...

· Escola de Pais

Nos últimos dous anos temos que destacar a participación do colexio en dous programas europeos Comenius e Erasmus+ xunto con outros centros de Cardiff (Reino Unido) e de Varsovia (Polonia), a través dos cales pretendemos compartir ideas e actividades con varios colexios das tres cidades para tentar que as familias participen activamente no colexio.

A participación nestes programas fixo que incluamos no noso plan anual actividades específicas  nas que poden participar as familias dos nosos alumnos, tales como talleres de decoración para Nadal, de Bonecas de goma eva (Fofuchas), cociña, andainas con familias e interioridade.