"Lestonnac en clave de paz", obxectivo do novo curso

Coa música comunicamos e expresamos os nosos sentimentos e emocións, o que nos pasa a nós e o que acontece  ao noso redor. 

A música e as cancións son testemuñas de feitos vividos, fannos reflexionar, fannos sensibles, dannos fortaleza e tamén unen á xente. A música é un medio de comunicación interxeneracional e permíte aprender do pasado así como  un medio de educación que axuda a escoitar, a aprender valores, a dialogar e respetar. Con todo esto buscamos a PAZ , rexeitar a violencia, poñer en práctica a NON VIOLENCIA, a xenerosidade, a escoita, o coidado do planeta e a solidariedade.

A música vai ser o fío condutor para as accións que levemos a cabo este curso e, ademáis, traballaremos  os valores do esforzo, a cooperación, a solidaridade, o respecto mutuo, a reflexión e a inclusión, que son  valores todos eles inherentes ao noso proxecto educativo.

Polo tanto o noso Obxectivo de cara ao curso 17/18 será:

Promover o poder da MÚSICA para acadar a PAZ, para tocar os corazóns con valores e buscar harmonía con nós mesmos, cos demáis e co medioambiente e así formar seres humanos saudables, honestos e felices.