Convivencia

ACOSO ESCOLAR

Pódese falar de acoso escolar cando existe calquera forma de maltrato entre iguais de maneira repetitiva durante un tempo prolongado.

Cando hai un posible caso de acoso escolar, os pais identifican as sinais da vítima pero son poucos os que recoñecen as conductas de acosador no seu fillo ou filla.

CONSELLOS A SEGUIR PARA EDUCAR NA "NON VIOLENCIA"

    Evita que se formen grupos pechados  entre compañeiros do teu fillo ou filla.
  • Educa no respecto.
  • Incentiva no teu entorno que se pidan desculpas,  que se dean as grazas, os saúdos….
  • Non fagas comentarios doutros nenos e doutras nenas do grupo clase  ou das súas familias diante da túa filla ou teu fillo.
  • Non incentives condutas agresivas. A crenza de “si te pegan, pega” non debe ser apoiada.
  • Fala con el/ela e intenta que se poña no lugar do outro/ outra (na posible vítima, especialmente).
  • Retrasa a compra do móbil para a túa filla ou teu fillo así como o uso do whatsapp e controla as súas mensaxes.
  • Controla o que os teus fillos fan por internet.

CONDUTAS QUE DEBEMOS DETECTAR E EVITAR QUE TEÑAN OS NOSOS FILLOS

  • É incapaz de empatizar cos demais.
  • Incumpre normas.
  • Comete faltas de respecto cara as  figuras de autoridade.
  • Ten baixa autoestima e falta de seguridade en si mesmo por medo a facer o ridículo.
  • Frecuentemente fai bromas inoportunas e imprudentes.
  • Busca ser dominante e pensa que todos están na súa contra.
  • Usa a forza frecuentemente para non sentirse inferior cando percibe as súas carencias.
  • Ten déficit de habilidades en resolución de conflitos.
  • Utiliza  unha linguaxe groseira e ameazante.
  • Fai constantes chamadas de atención e lle gusta ter sensación de poder.

SE O TITOR OU TITORA NOS  INFORMA  dunha posible actitude de acosador

Non lle restemos importancia.

Aceptemos  as sancións impostas dende o centro educativo, son medidas para evitar que o problema persista. Así farémosllo  saber aos nosos  fillos  ou fillas.

Busquemos axuda de especialistas.

SE CREMOS  QUE O NOSO FILLO OU FILLA ESTÁ A SOFRIR algún tipo de maltrato

Debemos poñelo  en coñecemento da titora ou titor para ter mais información.

O titor llelo transmitirá ao resto de profesores e á dirección do centro e se establecerá un período de observación e seguimento  que inclúe o diálogo coas partes para poñer fin á situación.