CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac - Ferrol

O NOSO COMPROMISO CONTINÚA

QUEN SOMOS?

O colexio Lestonnac é un centro concertado onde se imparte dende Infantil ata 4º ESO.

O noso proxecto educativo está en constante renovación e ten como misión o servizo permanente aos alumnos e as súas familias, aos que trasladamos un modelo de convivencia baseado nunha proposta de valores sempre cunha visión positiva da persoa e do mundo.

Traballamos na liña da innovación educativa en todos os ámbitos, tratando de formarnos en todos os proxectos que podan resultar beneficiosos para o noso alumnado

Tentamos ser un centro referente pola súa apertura, cercanía e dinamismo, que integra, tendo en conta as diferentes capacidades, procedencia ou características individuais.

Podemos subliñar a acollida e atención a todo o alumnado e sobre todo ao alumnado con necesidades educativas especiais. Esta realidade foinos ensinando e marcando na atención e valoración da diversidade.

Co paso dos anos fomos vivindo o desexo de que sexa un COLEXIO DE TODOS/AS E PARA TODOS/AS, onde cada quen teña o seu espazo e poida crecer feliz adquirindo recursos para desenvolverse na vida. Por iso, tentamos que a acollida á diversidade sexa real, o que moitas veces supón un reto que nos impulsa a seguir buscando novas respostas para o noso alumnado.

0

Máis de 400 anos educando

0

Casi 100 colexios en todo o mundo

0

Alumnos en España

0

Docentes en España

Admisións