Infantil
Abrindo as portas da aprendizaxe para a vida
Plurinfantil
A lingua extranxeira intégrase no desenvolvemento das aulas de educación infantil desde un punto de vista lúdico e partindo do traballo en grupo. Os contidos son abordados a través dun enfoque globalizado baseado en tarefas e proxectos.
ABP (Aprendizaxe baseada en proxectos)
A aprendizaxe baseada en proxectos que levamos a cabo no noso colexio, consiste nun modelo de ensino no que os nenos aprenden desde a súa realidade máis próxima e desde a propia experiencia, para que esa aprendizaxe sexa significativo para eles.
Educación emocional
A educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento humano, con obxecto de capacitarlle para a vida e coa finalidade de aumentar o benestar persoal e social.
Personalización da aprendizaxe
A aprendizaxe personalizada é un enfoque educativo cuxa finalidade é que a aprendizaxe se axuste ás fortalezas, necesidades, habilidades e intereses de cada estudante.
Os fins da etapa son os seguintes:
- Contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.
- Atenderase ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e hábitos de control corporal, á comunicación e linguaxe, ás pautas de convivencia e relación, ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Facilitarase que elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
- Potenciarase a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade, a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a non-violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade.
Para elo, no noso colexio:
- Establecemos a principio de curso un período de adaptación, no que a familia escolle entre dous posibles horarios.
TRABALLAMOS:
- O aspecto académico, social e emocional.
- Por proxectos. Cada trimestre un proxecto diferente. O alumnado vai adquirindo coñecementos e conceptos a través do proxecto: números, vocabulario, etc
- Rutinas e hábitos: entrada e saída, asistencia, a roupa, material.
- A autonomía.
- Xogo, individual e en grupo, respecto polos outros e polas normas.
- Coas novas tecnoloxías: Informática, pizarra dixital.
- Inglés, Música, Educación Física e Psicomotricidade
3 anos:
- Rutinas, xogos en equipo e xogo libre.
- Asembleas todos os días.
- “Recunchos” de matemáticas, lingua e arte.
4 anos:
- Iniciamos a lectura e escritura a través de xogos.
- No terceiro trimestre empezan a levar o libro de lectura á casa.
5 anos:
- Lectura diaria.
Traballo colaborativo.