Primaria
Aprendendo valores para educar mente e corazón
Plurilingüismo
A educación plurilingüe é aquela que se caracteriza pola utilización de, como mínimo, 3 linguas no proceso educativo: a lingua materna (coñecida tamén como lingua primaria ou primeira lingua), unha lingua nacional ou rexional e unha lingua internacional.
Metodoloxías inclusivas
As metodoloxías inclusivas son estratexias pedagóxicas que teñen como finalidade a inclusión de todo o alumnado na comunidade educativa, especialmente dos grupos con máis risco de exclusión.
Educación emocional
A educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento humano, con obxecto de capacitarlle para a vida e coa finalidade de aumentar o benestar persoal e social.
Personalización da aprendizaxe
A aprendizaxe personalizada é un enfoque educativo cuxa finalidade é que a aprendizaxe se axuste ás fortalezas, necesidades, habilidades e intereses de cada estudante.
A educación primaria é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende seis cursos académicos que se organizarán en áreas con carácter global e integrador, e se cursarán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade.
Os fins da ed. Primaria son os seguintes:
1. Proporcionarlles a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e á afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo.
2. A acción educativa nesta etapa procurará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e adaptarase aos seus ritmos de traballo.
O noso colexio imparte conta na actualidade con unha clase por curso para 1º, 2º, 3º, e dúas para 4º, 5º e 6º, todos eles concertados.