CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac - Ferrol

Secundaria

Acompañando e formando persoas responsables, competentes, libres e solidarias

Dixitalización

A dixitalización convirte as nosas aulas en espazos de ensino que integran o uso de internet e as ferramentas dixitais para mellorar e ampliar as aprendizaxes do alumnadoa través de metodoloxías activas.

Metodoloxías inclusivas

As metodoloxías inclusivas son estratexias pedagóxicas que teñen como finalidade a inclusión de todo o alumnado na comunidade educativa, especialmente dos grupos con máis risco de exclusión.

Educación emocional

A educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento humano, con obxecto de capacitarlle para a vida e coa finalidade de aumentar o benestar persoal e social.

Personalización da aprendizaxe

A aprendizaxe personalizada é un enfoque educativo cuxa finalidade é que a aprendizaxe se axuste ás fortalezas, necesidades, habilidades e intereses de cada estudante.

A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa que comprende catro cursos académicos entre os doce e os dezaseis anos de idade. Un período fundamental no proceso vital de aprendizaxe para asentar as bases persoais e académicas coas que afrontar os retos do futuro.

Por todo iso, as metodoloxías que se empreguen, as relacións establecidas co profesorado, os plans de acción titorial e o traballo conxunto coas familias contribuirán enormemente a ese crecemento integral do alumnado que lle permita desenvolver a autonomía persoal e o espírito crítico necesarios para afrontar con decisión, firmeza, seguridade e sólidos valores á creación do seu propio proxecto de vida.

O Colexio Santa Juana de Lestonnac imparte na actualidade os seguintes niveis educativos, todos eles concertados:

1º, 2º, 3º 3 e 4º curso (dúas clases por curso)

Posúe ademáis dúas aulas de educación Especial

Contacta con nosotros

Nombre
Email
Mensaje

Proyectos de innovación

Equipo docente

Calendario y horarios

  • etapa ESO g1
  • etapa ESO g2
  • etapa ESO g3
  • etapa ESO g4
Admisións