CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac - Ferrol

Metodoloxías Activas

A personalización é unha das nosas sinais de identidade. Desde ela o alumno é centro do proceso de ensino-aprendizaxe. Entendemos que para iso, os educadores da Compañía de María educan desde unha "Relación que acompaña, integra e fai medrar".

O proceso de ensino-aprendizaxe desenvólvese nas nosas aulas de moi diferente maneira tendo sempre como protagonista do mesmo ao alumno.

Este estilo de ensino-aprendizaxe permite que o alumnado despregue destrezas da vida real e aprenda enfrontándose a problemas e desafíos.

As nosas programacións desenvolven nos nosos alumnos as distintas capacidades, competencias e intelixencias. Buscamos  promover o razoamento crítico, a creatividade, desenvolver unha visión holística da realidade, estimular a autorregulación da aprendizaxe, adquirir o hábito para o traballo en equipo, a capacidade para aprender a aprender e a habilidade para enfrontarse aos problemas e toma de decisións.

Admisións