CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac - Ferrol

Servizos

Orientación

O noso equipo de orientación está formado por un grupo de especialistas (psicólogos, pedagogos e logopeda) que establece un servizo de atención permanente ao alumnado, ao profesorado e ás familias, por medio das seguintes accións:

  • Atención ao alumnado que máis o necesita, en estreita colaboración cos titores/as profesorado e familias.
  • Relacións con outros Equipos de Orientación, e outros centros e servizos externos aos que acoden algúns dos nosos alumnos.
  • Axudar ao alumnado para mellorar o seu traballo e rendemento académico.
  • Axudar a resolver os problemas que se lle presentan ao/á  alumno/a.
  • Capacitar ao alumnado para a toma de decisións en momentos importantes.
  • Facilitar material e asesoramento ao equipo docente
Admisións