SIGNA: Novo modelo pedagóxico da Compañía de María

O pasado 4 de outubro xunto cos nosos compañeiros do Colexio Compañía de María de Ferrol, recibimos no noso salón de actos a visita de Iolanda López e Mª José Sanz, do Equipo de Titularidade da Compañía de María.

 Viñeron presentarnos “SIGNA”, o novo modelo pedagóxico dos centros da Compañía de María. Ao longo da sesión Iolanda e Mª José  detallaron que a filosofía parte da valoración de todo o aprendido no pasado, e desde o presente.

Non obstante, baséase, sobre todo, na concepción pedagóxica dunha educación personalizada na que se teñan en conta las circunstancias de cada alumno, o seu talento, a necesidade do multilingüismo, a potenciación da creatividade e cumprir o obxectivo de preparar aos alumnos para o futuro. #SignaCMaria