FORMACIÓN EN INNOVACIÓN MATEMÁTICA

O sábado 24 de novembro o profesorado de infantil dos Colexios Compañía de María e Santa Juana de Lestonnac tivemos unha xornada formativa en innovación na área das matemáticas. 

A ponente Elena Gutiérrez Bengoa, mestra no CEIP Tempranales de Madrid, premiada pola Comunidade de Madrid pola súa participación no Plan de Intelixencia Matemática no seu centro de traballo, amosounos diversas metodoloxías innovadoras no tratamento das matemáticas na etapa de Educación Infantil.

Así o profesorado de ambos os dous centros recibimos unha sesión máis teórica e logo outra dun xeito máis práctico sobre estas metodoloxías; como son o ABN, o método de bits matemáticos de Doman, o traballo con regletas, a transversalidade da Arte relacionada coas matemáticas,e a experiencia laboral da ponente en distintos centros  educativos ao longo da súa ampla traxectoria profesional.

Valoramos esta xornada dunha maneira moi exitosa e produtiva para seguir dando pasos no sendeiro da innovación educativa en todas as áreas de aprendizaxe; e, por suposto, moi agradecidos pola cercanía, sabiduría e bo facer de Elena.