ENTROIDO 2019 (01/03/19)

Os musicais chegan ao Entroido do Lestonnac

Este venres, 1 de marzo, o colexio Lestonnac vestiuse de cores para festexar o Entroido.

O tema elixido nesta ocasión foron os musicais máis coñecidos da historia teatral ou cinematográfica: Moulin Rouge, Mago de Oz, Mary Poppins, Grease, Rei León, Peter Pan, West Side Story, Piratas do caribe ou Bollywood.

As familias do alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria  puideron gozar das diferentes representacións que durante días  se estiveron a ensaiar no centro.

Ademais levouse a cabo o tradicional desfile polo barrio e a ineludible visita aos maiores do Centro de Día de Caranza co obxectivo de quitarlles un sorriso dos beizos.

Podedes ver algunhas imaxes desta celbración facendo clic AQUÍ