DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/11/19)

O grupo de convivencia do colexio coordinou unha serie de actividades para conmemorar o 25 de novembroDÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este ano participamos no I Encontro Escolar de Ferrolterra “Pola eliminación da violencia de xénero” organizada pola FANPA Ferrolterra Concepción Arenal.

Tratouse dunha acción educativa e simbólica que tendeu pontes entre os 11 concellos da comarca, sendo un programa escolar de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero.

Todo o alumnado recibíu unha Unidade Didáctica  con contidos adaptados a cada idade, con imaxes que nos sensibilizaron a todas/os, co obxectivo da  prevención  e a  identificación da violencia de xénero. O traballo que se levou a cabo dende as titorías pretendeu  fomentar a igualdade e promover un presente e un futuro libre de violencia de xénero.

Despois de ter feito as actividades propostas, todo o alumnado recibíu un lazo violeta no que escribíu unha mensaxe pola eliminación da violencia de xénero e que máis tarde colgou na celosía colocada na entrada do colexio.

Acelosía do noso centro formou parte da mostra organizada o día 25 de novembro, na Fundación Abanca co resto de celosías  aportadas polos outros  colexios.

Durante o acto un alumno e unha alumna do noso centro (Nuno Llao e Antía Carballo) procederon á lectura conxunta do manifestó 25N. Posteriormente, unha representante da asociación “Clara Campoamor” fíxolles entrega do diploma de participación.

Posteriormente a este acto orgnizado pola Federación de ANPAS, desprazámonos ata os xardíns do cantón de Molíns onde tamén participamos nun acto simbólico de plantación de rosas en recordo das vítimas da violencia de xénero,  que se realizou dentro dos actos  do concello  no que o alcalde, acompañando de toda a corporación   leu o manifestó institucional,  gardando despois un minuto de silencio.

Outra das actividades que levamos a cabo foi a participación no proxecto, presentado pola FAMPA que levaba por título  “A desigualdade de xénero a través da música”.

Estivo enfocada a 5º e 6º de Primaria e a 1º e 2º de ESO e consistíu nunha serie de actividades, realizadas este mesmo día 25N, e  dirixidas por unha mediadora en igualdade, nas que a través da música e as letras das cancións, se plantexaron debates, discusións e reflexións sobre as desigualdades de xénero co fin de despertar o pensamento crítico dos escolares.

Tras ter visto as diferentes dimensións, o alumnado puido propoñer solucións para facer frente ás desigualdades. Posteriormente cada alumno/a recibíu un díptico con contidos de interese para a familia, e unhas gafas violetas, como símbolo do pensamento crítico. Este díptico tamén foi entregado ao resto de alumnado de primaria e secundaria.

Podedes ver imaxes desta xornada facendo clic AQUÍ