RECURSOS PARA O PERIODO DE CONFINAMENTO E ACCESO AOS BLOGS

NOVOS RECURSOS

NOVO RECURSO:

https://aprendoencasa.educacion.es/

Co obxectivo de axudar ao alumnado e ás familias a atopar recursos e materiais educativos informámosvos de que:

A TVG de Galicia súmase a ofrecer contidos educativos a través de G2 e a súa web. A páxina da CRTVG ofrece o bloque educativo como apoio aos estudantes galegos mentres os centros escolares permanecen pechados e atendendo ás restricións polo coronavirus.

Pola súa parte Clan lanzou Educlan, unha ferramenta educativa para as familias durante o peche preventivo dos centros. Desde os medios dixitais de Clan (web, apps e televisións conectadas),con contidos audiovisuais para nenos de 4 a 10 anos, coordinado co Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda de editoriais educativas.

Ademais, achegámosvos o seguinte enlace dun portal educativo que acaba de nacer: Aulas galegas. http://aulasgalegas.org/.

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro.

 

Acceso aos blogs

 

   
Educación Infantil   1º, 2º, 3º e 4º Educación Primaria   6º Educación Primaria