ACTIVIDADE ESCOLAR

Neste apartado podedes ver alguna das actividades que o alumnado está a facer.

OUTONO E MAGOSTO EN 4º EP

Os alumnos e alumnas de 4°de EP adicamos un tempiño a celebrar o outono e o magosto da forma que máis nos gusta: con manualidades e compartindo tarefas.

 

EXPOSICIÓN ORAL EN 5º EP

O alumnado de 5º EP traballou a Exposición Oral nas súas clases. Para iso elixiron monumentos históricos de diferentes partes do mundo, prepararon a exposición e presentárona en clase. Quedou xenial!

OBRADOIRO DE MATEMATICAS EN 4º EP

O alumnado de 4ºEP estivemos a realizar un obradoiro de matemáicas manipulativas. Esta vez tocounos traballar os números romanos... e non se nos dan nada mal.

 

1º E 2º de ESO NO TEATRO

O 9 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á representación da obra Semente da Compañía de teatro Eme2 no Pazo da Cultura de Narón. A partir do libro O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES de JEAN GIONO, inspirado en acontecementos reais, xorde SementeO home que plantaba árbores; unha historia admirable, interpretada por Mercedes Castro, que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

 

O UNIVERSO 5ºEP

 

SORPRESA!!!!

Os nenos e nenas de 5 anos remataron a semana cunha inesperada sorpresa. Unha vez rematada a hora do recreo e cando os peques votaban cara a súa aula , atopáronse que a porta da súa clase estaba pechada e “precintada”!!!! Que está ocorrendo? Unha persoa misteriosa está a punto de aparecer nas nosas vidas para guiarnos por unha viaxe moi especial , atrevédesvos a viaxar con nós ? Comezamos a nosa viaxe polo Espazo!!!