CELEBRACION SANTA JUANA 2021

Benqueridas familias, hoxe, venres 14 de maio (véspera do 15 de maio) é un día especial para toda a familia da Compañía de María e da que vós formades parte.

 Nesta época de pandemia, non podemos celebralo de forma tradicional tal e como levamos facendo dende hai décadas. Non por iso, pérdese esa maxia especial deste día cargado de emocións e sentimentos.

Aquí poderedes ver o vídeo da celebración diferente, pero emotiva, do día de Santa Juana, a nosa señora. Esperamos que desfrutedes e que vos guste.