Proxecto Dieta Ártabra

 

Dende o grupo de traballo do colexio “pasiño a pasiño” gustaríanos dar a coñecer o vídeo de presentación do proxecto Dieta Ártabra, unha iniciativa do Concello de Ferrol para converter á cidade nun destino turístico punteiro en gastronomía sostible e saudable. 

O Concello de Ferrol é finalista na Copa España Creativa Fórum Lugo 2022 que se vai celebrar os días 10, 11 y 12 de novembro, abordando como temática principal Turismo, Creatividade e Innovación para o Desenvolvemento Sostible.