VISITA DE MANUEL RIVAS (27/02/19)

O día 27 de Febreiro  visitounos Manuel Rivas nesta ocasión co seu alcume “Manuel O’Rivas”.

 O escritor veu presentarlles ao alumnado de 3º e 4º de Primaria o seu libro "O raposo e a mestra". Chegou acompañado de “Cé orquestra” pantasma, que se encargou de poñerlle sons ao relato. A esta fantástica e divertida posta en escena asistiron nenos e nenas doutro centro da comarca. A sesión rematou cunha sinatura de libros.

Podedes ver algunhas imaxes desta visita facencdo clic AQUÍ