SAÍDA PADRÓN E CIDADE DA CULTURA (28/03/19)

O xoves 28 de marzo, o alumnado de 6º de primaria visitou a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

Esta casa,totalmente restaurada na actualidade, foi o fogar de Rosalía de Castro e da súa familia ata o seu falecemento.

A continuación comeron no parque do xardín botánico da mesma localidade. Despois do xantar, saíron cara Santiago, onde tiveron unha visita guiada na Cidade da Cultura do monte Gaiás sobre a historia do fútbol en Galicia.

Podedes ver imaxes desta saída facendo clic AQUÍ