CELEBRACIÓN DA NENA MARÍA (21/11/19)

O xoves 21 de novembro celebramos a Festa da Nena María.

Comezamos o día coa celebración da Eucaristía co alumnado desde 3º de Primaria a 4º de ESO acompañados polo seu profesorado e as familias. A continuación tivemos diferentes actividades como xogos, talleres, festivais, maxia, música ...

Aproveitando a ocasión o alumnado de 4º vendeu sobremesas (doces, tortas, pasteis, ...) e bebidas para recadar diñeiro para a viaxe de fin de curso e os de 6º de Primaria venderon  chapas co  logo do seu proxecto   LÓVA.

O día anterior, na igrexa do colexio, Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria tiveron a súa celebración. Despois de días de ensaio e moitos nervios, puideron dedicar os seus cantos e ofrendas á Nena María na capela do colexio,  acompañados das familias que se achegaron ata  o cole para compartir connosco este día tan especial.

Os nenos cantáronlle a María cancións como "Los colores de la vida", "El amor del Señor" ou a tradicional "Celestial Niña". As ofrendas deste ano ían recollidas nun pétalo cos que formamos unha bonita flor chea daqueles valores que María nos ensina día a día.

Podedes ver as fotos deste día de celebración facendo   clic AQUÍ