DÍA DA PAZ E BOCATA SOLIDARIO (30/01/20)

O xoves 30 de xaneiro, celebramos Día da Paz no colexio.

Ás 13:15 h. todo o alumnado e profesorado baixou ao salón de actos coa para celelebrar un acto de intención de comezar o acto conmemorativo ás 13:30.

Despois dunhas verbas de benvida por Eva Rodríguez fíxose una breve presentación do acto, para pasar á lectura das propostas feitas nas aulas. Posteriormente uns representantes de 4º da ESO leron un manifesto a prol da Paz, para rematar cantando todos xuntos a canción “Apuesta por la Paz” de Noel Soto.

Despois da saída, ás 14:15h, tivo lugar o “bocata solidario”. A esta comida estaban convidadas todas as familias que quixeran participar. Este ano a cantidade recadada entregarémola a un proxecto educativo que a FISC está a desenvolver en Dar es Salaam (Tanzania) e polo que se pretende crear unha escola para que as nenas de alí teñan as mesmas oportunidades de escolarización que os nenos.

Podedes ver imaxes desta xornada facendo clic AQUÍ