ACTIVIDADE ESCOLAR

Neste apartado podedes ver alguna das actividades que o alumnado está a facer e a adaptación das formas de traballo ás normas de seguridade que temos que seguir.

  • Xeometría divertida 5º EP

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria levaron a cabo un obradoiro de Matemáticas para traballar a Xeometría dunha forma divertida. Repasaron os contidos de circunferencia e polígonos de forma manipulativa.

  • Actividade musical alumnado de 5ºEP. “ Música tradicional maorí”

    KARANGA é unha parte dunha ceremonia de benvida maorí chamada “Powhiri”. Consiste nun intercambio de chamadas, que se produce mentores os visitantes ciegan ao lugar de reunión dunha trino ou dunha familia. Aquí tedes o resultado...

  • Un ano máis os  peques de Educación Infantil  amosan o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia. Neste 25 de Novembro, Día Contra a Violencia de Xénero, traballamos na nosa NUBE DE PALABRAS BOAS proposta polo grupo de Convivencia  para fomentar o uso de palabras  bonitas en lugar de outras ferintes contra as persoas que queremos.

  • Os nenos e nenas de 4°EP atrevéronse a montar unha máquina. Funcionarán? Descubrirédelo vendo o vídeo😄

  • Educación infantil conmemora o Día da Infancia co seu alumnado.

 

  • O primeiro sorriso da mañá é grazas aos nenos e nenas do servizo de madrugadores

  • A semana pasada os artistas de terceiro de primaria fixeron a audición de “A mañá”, unha das pezas máis coñecidas que compuxo Grieg (1843-1907) e que el describía coa seguinte frase: 

    - Imaxino ao sol rompendo entre as nubes ao primeiro forte. 

    Nesta pequena montaxe podedes ver a través dun debuxo o que lle inspiraba a cada un este fermosa suite.

  • Os nenos e nenas de segundo están a traballar no seu proxecto da volta ao mundo. A primeira parada é China.

  • Un curso diferente, si; con protocolo, si. Pero no que seguimos a traballar e celebrar o Halloween co noso alumnado! Neste vídeo recóllense algúns deses momentos.

 

 

  • Os pequerrechos de infantil desfrutaron traballando nas súas caretas de Halloween neste ano tan particular...os peques de 3 anos e as súas calaveiras mexicanas, os nenos de  4 anos e os seus  terroríficos dinosaurios  e os maiores de 5 anos coas súas divertidas bruxas...Que o Covid 19 non nos quite a ilusión!!! 

 

  • O alumnado de 6º de primaria segue a traballar de forma manipulativa con materiais individualizados e gardando a distancia de seguridade. #Corpasion #mapas3D #RelevodeEspaña