DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

“Estimadas familias:

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a orde do 6 de novembro polo que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado. Será beneficiario das máscaras o alumnado  que recibiu axudas para material escolar. Este alumnado non terá que facer ningunha solicitude e xa as ten concedidas. Cando nos recibamos as instrucións farase a distribución. Aquel alumnado que por diversas circunstancias non fose beneficiario das axudas de material poderá solicitalas se cumpre os requisitos establecidos na orde e que son os mesmo que se estableceron na axuda de material. O prazo de presentación das solicitudes será do 16 ao 27 de novembro na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30. Mais información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32478

Podedes acceder á orde pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución facendo clic AQUÍ