NOVA EDICIÓN DO XORNAL "AXÓUXERE"
![]() |
||
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA |
||
|
Do 14 ao 18 de marzo, conmemoramos a Semana da Prensa. Con este motivo, levamos adiante varias dinámicas nas diferentes etapas educativas do colexio. O alumnado de ESO tivo a oportunidade de ver e escoitar a Paloma Martínez Varela, exalumna do noso colexio e periodista de Diario.es en Madrid. A través dun vídeo Paloma contounos como foron os seus anos de carreira, como é o traballo que desenvolve a diario e contestou algunhas preguntas. Ademais o alumnado de Secundaria elaborou noticias que, aínda que non son reais, a todos nos gustaría escoitar ou ler. Por último, a partir dunha foto dun xornal, este alumnado puido crear unha noticia totalmente diferente e certamente incrible. Por outra banda, o alumnado de primaria aportou ao noso novo periódico dixital axóuxere.lest unha morea de noticias do que eles e elas, tras unha votación na aula, consideran máis relevante do trimestre pasado. Dámoslle unha nova vida en formato dixital ao noso AXÓUXERE. Botádelle un ollo !!!! Atoparedes nel o que o alumnado de Infantil e Primaria quere contarvos. |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
lóva REGRESa con NOVA COMPAÑÍA |
A IV COMPAÑÍA DE ÓPERA "ANSIJAM" XA TEN CAMISOLA |
O ALUMNADO DE 6° USA O CLASSCRAFT |
O COLEXIO SANTA JUANA DE LESTONNAC EN ECOVoz |