SAÍDA DA ESO A LUGO (05/03/20)

O día  3 de marzo a etapa de Secundaria visitou a cidade de Lugo.

Pola mañá visitaron o Museo Provincial e alí participaron en diversas charlas relacionadas co pasado desta cidade.

Na exposición sobre  Lugo Romano, o alumnado de 3º e 4º coñeceu a transición do campamento romano á cidade amurallada e como se desenvolvía a  vida en Lucus Augusti: como era o día dun habitante da cidade.

Pola súa parte, o alumnado de 2º e 3º  participou nunha actividade que tiña como obxectivo mostrar, a través dos restos arqueolóxicos, como era a vida no Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, Cultura Castrexa e Cultura Romana.

Antes do xantar fixeron un percorrido pola Muralla Romana, Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000. E para rematar a xornada, organizáronse en diferentes grupos para tentar superar una serie de probas que lles serviron para coñecer o casco histórico da cidade..

Podedes ver imaxes desta saída facendo clic AQUÍ