DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

O luns 18 celebraremos o Día das Letras galegas 2020, co obxectivo de que o alumnado de todas as idades se achegue á figura homenaxeada o Día das letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero.

Nas Etapas de Infantil e Primaria compartiranse diferentes actividades relacionadas con este persoeiro a través dos diferentes blogs de aula.

Na etapa de Secundaria o profesorado de lingua galega compartirá diferentes actividades centradas na figura de  Carvalho Calero a través da plataforma educativa e dentro da materia de lingua galega.

Así mesmo, poderedes visitar o Blog Xavedes! do Equipo de Dinamización da Lingua e visionar os vídeos que compartirán con todos nós.