Rede Laical Compañía de María
A Rede Laical da Compañía de María é unha proposta aberta a todas as persoas, que libremente, queiran participar en Grupos Apostólicos laicales para vivir e compartir a súa experiencia cristiá inspirados na espiritualidade de Juana de Lestonnac; persoas que tratan de atopar a Deus en todas as cousas e buscan como colaborar na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta desde as distintas dimensións da propia vida.
Os Grupos da Rede Laical teñen encontros periódicos nos que comparten o paso de Deus na vida cotiá e déixanse iluminar polo Evanxeo, os Documentos da Igrexa e da Compañía de María, e pola realidade cultural, social, política, económica… do mundo de hoxe.
Posibilítase a participación en Xornadas de Espiritualidade e Exercicios Ignacianos; a colaboración en actividades de voluntariado en Proxectos da Compañía, FISC ou outros. Interrelaciónanse cos demais grupos da Rede Laical, comunidades de relixiosas da mesma zona e están abertos á dimensión internacional da Compañía de María.
A Rede Laical Compañía de María naceu en abril de 2003, a partir do desexo e petición dun grupo de laicos e laicas que querían vivir a súa fe nun Proxecto de vida cristiá laical, na igrexa, desde o carisma evanxelizador-educativo de Juana de Lestonnac.
Hoxe podemos dicir que é unha realidade en moitas cidades de España e do mundo onde a Compañía de María ten presenza, dunha forma ou outra, posibilitando a moitos laicos vivir o seu compromiso cristián.
Se queres coñecer mellor a Rede Laical ou estás interesado en participar pódesche poñer en contacto con
Anna Saumoy, odn (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Angela Sanchez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Ou tamén directamente con algunha relixiosa da Compañía de María ou Responsable de Pastoral dos seus colexios ou outras plataformas propias.
WEB: www.redlaicalcm.org
Facebook: https://facebook.com/RLespana