Lema e obxectivo

 

XUSTIFICACIÓN OBXECTIVO E LEMA 2022-23

 

Por quinto ano consecutivo, os colexios da Orde da Compañía de María Nosa Señora compartimos xuntos un lema común que será o motor de traballo da proposta evanxelizadora dos nosos centros. 

Iniciamos este camiño que nos unía e favorecía o traballo en rede (Contigo, Comigo, en Compañía). A partir del, programamos o trienio cun obxectivo común sustentado en tres valores, un por cada curso (escoita, corpaixón e agradecendo a vida en Compañía). Este novo curso comezamos un novo trienio e damos un paso máis na nosa proposta que se concreta no compromiso.

Tal e como nos mostra a nosa proposta evanxelizadora UNITAS, a razón de ser dos nosos centros é “Evanxelizar educando e educar evanxelizando”. En Compañía de María entendemos por evanxelizar a acción de dar a coñecer, compartir, vivir e celebrar a Boa Nova de Xesús que nos compromete a construír o Reino de Deus. Nesta proposta, trabállanse diversas dimensións. Este trienio optamos pola dimensión social e de compromiso coa realidade. Herdeiros do carisma de Santa Xoana e desde a espiritualidade ignaciana, queremos dar forza ao “máis amar e servir” . Amamos o noso mundo e servimos aos demais, ao modo de Xesús, desde unha actitude de servizo, de inclusión, desde abaixo. Baseámonos na cooperación con outros, no apoio e axuda mutua e no traballo en rede, xerando espazos de busca conxunta e de acción, encamiñadas cara horizontes de xustiza social. A través da solidariedade, a fraternidade e o altruísmo, construímos camiños que nos conducen á transformación da sociedade, exemplo disto é o noso proxecto de Educación para o Desenvolvemento Humano.

Partindo do obxectivo do pasado trienio, “Medrar con sentido desde a escoita, a empatía, a compaixón e o agradecemento para construír desde o noso compromiso un futuro cheo de esperanza para todos”, sentímonos chamados a COMPROMETERNOS desde ser contemplativos na acción e acollemos a chamada que o noso Pai nos fai de ser os seus ollos e mans no mundo. 

 

 

Un COMPROMISO que el mesmo nos ensinou e que xa atopamos no libro do Xénese:  “Esta é o sinal do pacto que fago con vós: porei o meu arco no ceo, como sinal do meu pacto coa terra. Cando eu envíe nubes sobre a terra, aparecerá nas nubes do arco, e recordarei o meu pacto con vós e con todos os animais, e o diluvio non volverá a destruír os viventes. Sairá o arco nas nubes, e ao velo recordarei o meu pacto perpetuo: Pacto de Deus con todos os seres vivos, con todo o que vive na terra”.

Esta chamada aterrezámola desde tres propostas:

1.    Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS).

2.    Obxectivos Laudato Si (OLS).

3.    Pacto Educativo Global.

Tomando estas tres propostas como referencia e eixo motor o obxectivo de traballo para os próximos tres cursos será:

“Adheridos ao Pacto Educativo Global impulsado polo Papa Francisco e comprometidos cos ODS; medramos como persoas para coidar o planeta e construímos fraternidade ao modo de Xesús de Nazareth”.

Tomando como punto de partida os cinco eixes nos que se estruturan os ODS, determinamos que os eixes  de alianzas e paz os traballaremos transversalmente durante os tres anos e que os outros tres os concretaremos da seguinte maneira:

Curso 2022-2023: Eixe persoas

Curso 2023-2024: Eixe planeta

Curso 2024-2025: Eixe prosperidade

Para Deus o amor ao próximo é o fundamental.  Tal como se nos di en Xoan, 15 “Este é o meu mandamento: que vos amedes os uns aos outros como eu vos amei”.

Por tanto, este curso 2022-2023 centrarémonos no eixe persoas e nos ODS 1, 2, 3, 4 e 5.

Imagen que contiene ExcelDescripción generada automáticamente

 

IconoDescripción generada automáticamente

É o lema deste curso 2022-23 para  concretar o traballo dos diferentes tempos litúrxicos e festas da Compañía de María. 

Con este lema, escrito coas nosas cores institucionais, queremos destacar que en Compañía de María nos COMPROMETEMOS mentres medramos como persoas. Pero ademais queremos integrar nese compromiso principalmente aos ODS, de aí que tres das letras destacadas do lema conformen a palabra                   .

Gráfico, Gráfico de proyección solarDescripción generada automáticamente   , de Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable.          

GráficoDescripción generada automáticamente  , coa chave do noso Proxecto de Educación para o Desenvolvemento. 

GráficoDescripción generada automáticamente     , de Obxectivos de Laudato Si.

Interfaz de usuario gráfica, Sitio webDescripción generada automáticamente

Ademais integramos o logotipo do Pacto Educativo Global ao que somos chamados polo Papa Francisco e ao que todos os nosos centros nos sumamos. 

 

Trala presentación da nosa proposta evanxelizadora UNITAS, sentimos máis necesario que nunca a integración de todos os proxectos, plans e propostas no noso traballo conxunto como colexios Compañía de María. UNITAS unifícanos, reúne a todos os compoñentes desta gran familia evanxelizadora que é Compañía de María. Traballaremos en rede con outras realidades onde está presente a Compañía,  e da man da nosa ONGD FISC,  apoiaremos o proxecto de Nicaragua. Nada mellor para motivarnos a traballar que cun proxecto cheo de vida como é este  elixido por FISC.