Oracións

Orar en Compañía

A oración é un elemento universal que nos axuda a transcender. É un instrumento para achegarnos a Deus, comunicarnos con El e escoitarlle. A oración é inherente a todo ser humano que fortalece, fai crecer e madura a espiritualidade de cada persoa e que se fundamenta nos cinco pilares da espiritualidade da Compañía de María: coñecemento interno da persoa de Xesús, buscar e atopar a Deus en todas as cousas, coidar a chama acesa, discernir para máis amar e servir e María como presenza inspiradora.

Hai moitos modos e moitas formas de orar. Todos eles válidos para deixar a Deus ser Deus en cada unha das persoas. Nos colexios da Compañía de María propoñemos uns modos concretos que se incardinan nunha espiritualidade concreta, a espiritualidade ignaciana.

Nos momentos de oración debemos ter en conta estes pasos: 

Imagen que contiene FormaDescripción generada automáticamente

  1. Comezar: No momento inicial da oración recibimos unha invitación especial de situarnos en presenza de Deus. Coidar a postura do corpo, facer consciente a respiración, contemplar unha imaxe, ler unha breve frase que axude a tonificar corpo, mente e corazón. Neste momento se concreta a oración preparatoria e a petición inicial. 
  2. Permanecer: é o momento central da oración no que se pode ler un texto do evanxeo, ver un vídeo que vaia relacionado co tema da oración ou o momento do ano litúrxico vivido. Neste espazo é onde se poden introducir diferentes formas para facilitar a oración (danza contemplativa, xesto, pintar un mandala…).
  3. Terminar: Ao finalizar a oración se acaba cunha breve oración e cunha petición final, cunha frase que resuma a intención da oración, se realice un breve coloquio con Deus, con Xesús, con María. 
  4. Recoller: como paso final constatamos como nos foi este momento de relación con Deus e agradecemos o rato de oración.  

 

Os coordinadores de evanxelización UNITAS dos 22 colexios que formamos parte da Compañía de María en España, elaboramos as oración diarias para traballar nas aulas co alumnado.

Facendo clic en calquera das imaxes seguintes podedes aceder as oracións no site de UNITAS España