Que é UNITAS

UNITAS: Evanxelizar educando, educar evanxelizando

O 7 de abril de 2021 presentouse a nivel universal o Modelo de Evanxelización UNITAS para dispoñer como Compañía de María dun documento marco que explicite a proposta evanxelizadora propia, fundamentada nas Fontes e a Espiritualidade da Compañía de María e no que se recollan as orientacións, criterios e modos de proceder. O modelo é o marco para desenvolver a proposta evanxelizadora nas diferentes plataformas educativas. 

 

Así que cambiamos a terminoloxía de “Pastoral” pola de “UNITAS”. A Compañía de María, entende que evanxelizar é a acción de dar a coñecer, compartir, vivir e celebrar a Boa Nova de Xesús que nos compromete a construír o Reino de Deus na Terra. Ter experiencia da alegría do Evanxeo supón comunicarllo a outras persoas, especialmente ás xeracións máis mozas. 

Este proceso constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo; propicia o encontro da persoa con Xesús, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación. No noso modelo de evanxelización aborda varias dimensións: a dimensión formativa personalizada, a espiritual, a vocacional, a comunitaria, a social (compromiso coa realidade), a relacional ecuménica, interrelixiosa e o diálogo coa increnza. É dicir, está aberta a todos os que se sintan convocados a vivilo no marco educativo e compartindo un Proxecto común.

Algúns dos seus trazos son:

·       A persoa, centro da educación.

·       A comunidade, espazo de convivencia e relacións.

·       O acompañamento persoal e grupal dos alumnos.

·       O discernimento persoal e a interioridade.

É no ámbito escolar e a través dunhas ofertas e propostas concretas, como facemos explícito que somos colexios de orientación cristiá.

 

Accións dirixidas ao alumnado:

·       Ensino relixioso escolar.

·       Celebracións.

·       Xornadas de formación humana-cristiá (Convivencias Cristiás).

·       Acción titorial.

·       Solidariedade e Educación para o Desenvolvemento.

·       Educación da Interioridade.

No ámbito extraescolar, espazo complementario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe cunha participación  voluntaria, tamén ofrecemos:

·       Voluntariado.

·       Grupos Lestonnac.

·       Arte Humanismo e Espiritualidade (AHE).

·       Rede Laical Compañía de María.

Fai clic para descargar o documento  Despregue UNITAS