Solidariedade
Desde o desexo de comprometernos cos demais, especialmente cos máis desfavorecidos, programamos distintas “accións solidarias” que sensibilizan e educan a toda a Comunidade Educativa.
Tomar conciencia das desigualdades que existen no noso mundo, das causas que as provocan, e, á vez, facernos conscientes da necesidade da nosa implicación para ir creando un mundo máis xusto, son prioridades na nosa maneira de entender a educación.
No colexio priorizamos as nosas accións solidarias tendo en conta as necesidades próximas á nosa contorna e aquelas que promove a FISC, a nosa ONGD.
As súas dúas liñas de acción son:
Promove procesos educativos constantes, encamiñados a promover unha cidadanía global, a través de coñecementos, actitudes e valores capaces de xerar unha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión; así como coa promoción do desenvolvemento humano e sustentable.
Financia proxectos e programas de cooperación nos países en vías de desenvolvemento. |
![]() |