Orientación
O noso equipo de orientación está formado por un grupo de especialistas (psicólogos, pedagogos e logopeda) que establece un servizo de atención permanente ao alumnado, ao profesorado e ás familias, por medio das seguintes accións: o Atención ao alumnado que máis o necesita, en estreita colaboración cos titores/as profesorado e familias. o Relacións con outros Equipos de Orientación, e outros centros e servizos externos aos que acoden algúns dos nosos alumnos. o Axudar ao alumnado para mellorar o seu traballo e rendemento académico. o Axudar a resolver os problemas que se lle presentan ao/á alumno/a. o Capacitar ao alumnado para a toma de decisións en momentos importantes. o Facilitar material e asesoramento ao equipo docente |
![]() |