Uniforme

No vindeiro curso 2021/2022 poderá́ mercarse o uniforme escolar (Obrigatorio en E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria), o chándal e o mandilón a través do colexio. 

  • uniforme escolar consta de:

- Pantalón longo ou curto gris. / Saia de cadros.

- Polo branco.

- Xersei gris. 

- Recoméndase o uso de calcetíns ou medias de cor gris.

- Recoméndase o uso de calzado escuro. 

  • O chándal considérase uniforme escolar os días de Educación Física para todo o alumnado do centroescolar e consta de:

- Pantalón longo ou curto/Malla. 

- Suadoiro.

- Camiseta de deporte.

 

Para xestionar a compra e entrega do uniforme escolar, do chándal e do mandilón deberán terse en conta as seguintes cuestións:

  • Cada familia terá que tomar as medidas ao seu fillo/a para saber a talla da prenda que precisan mercar. As táboas de medidas podedes descargalas no seguinte enlace:

 DESCARGAR TÁBOA DE TALLAS

  • Unha vez teñades as prendas e as tallas elixidas podedes realizar o pedido na administración do centro os martes e os xoves en horario de 10:00 a 13:00 h. Desde o 24 de xuño ao 6 de xullo. Para elo podedes descargar o formulario de pedido no seguinte enlace:

 DESCARGAR IMPRESO SOLICITUDE DE PRENDAS

  • No momento de realizar o pedido aboarase o 50% do importe total na administración. Poderá facerse en efectivo ou mediante domiciliación bancaria. Podedes descargar as táboas de prezoso no seguinte enlace:

 DESCARGAR TÁBOA DE PREZOS

  • A recollida de pedidos farase na administración previo aviso por parte do Colexio