Actividades

8 DE NOVEMBRO - MAGOSTO EN PRIMARIA  

O xoves 8 de novembro o alumnado de Educación Primaria celebramos o magosto con diferentes actividades.
Comezamos a semana elaborando unha composición plástica con motivos de outono e despois tivemos unha degustación de froitos propios da tempada e rematamos con xogos tradicionais.
Podedes ver imaxes destas actividades facendo clic AQUÍ
 

24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA  

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada o 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.