Convivencia
ACOSO ESCOLAR
Pódese falar de acoso escolar cando existe calquera forma de maltrato entre iguais de maneira repetitiva durante un tempo prolongado.
Cando hai un posible caso de acoso escolar, os pais identifican as sinais da vítima pero son poucos os que recoñecen as conductas de acosador no seu fillo ou filla.
CONSELLOS A SEGUIR PARA EDUCAR NA "NON VIOLENCIA"
-
- Educa no respecto.
- Incentiva no teu entorno que se pidan desculpas, que se dean as grazas, os saúdos….
- Non fagas comentarios doutros nenos e doutras nenas do grupo clase ou das súas familias diante da túa filla ou teu fillo.
- Non incentives condutas agresivas. A crenza de “si te pegan, pega” non debe ser apoiada.
- Fala con el/ela e intenta que se poña no lugar do outro/ outra (na posible vítima, especialmente).
- Retrasa a compra do móbil para a túa filla ou teu fillo así como o uso do whatsapp e controla as súas mensaxes.
- Controla o que os teus fillos fan por internet.
CONDUTAS QUE DEBEMOS DETECTAR E EVITAR QUE TEÑAN OS NOSOS FILLOS
- É incapaz de empatizar cos demais.
- Incumpre normas.
- Comete faltas de respecto cara as figuras de autoridade.
- Ten baixa autoestima e falta de seguridade en si mesmo por medo a facer o ridículo.
- Frecuentemente fai bromas inoportunas e imprudentes.
- Busca ser dominante e pensa que todos están na súa contra.
- Usa a forza frecuentemente para non sentirse inferior cando percibe as súas carencias.
- Ten déficit de habilidades en resolución de conflitos.
- Utiliza unha linguaxe groseira e ameazante.
- Fai constantes chamadas de atención e lle gusta ter sensación de poder.
SE O TITOR OU TITORA NOS INFORMA dunha posible actitude de acosador
Non lle restemos importancia.
Aceptemos as sancións impostas dende o centro educativo, son medidas para evitar que o problema persista. Así farémosllo saber aos nosos fillos ou fillas.
Busquemos axuda de especialistas.
SE CREMOS QUE O NOSO FILLO OU FILLA ESTÁ A SOFRIR algún tipo de maltrato
Debemos poñelo en coñecemento da titora ou titor para ter mais información.
O titor llelo transmitirá ao resto de profesores e á dirección do centro e se establecerá un período de observación e seguimento que inclúe o diálogo coas partes para poñer fin á situación.