Solicita información

LÓVA (LA ÓPERA, UN VEHÍCULO DE APRENDIZAJE)

Se queres coñecer en profundidade o proxecto LÓVA fai clic no logo seguinte

CURSO 24-25

Financiamento con chapas

A Compañía de ópera Alsighar busca ideas para financiar a súa obra (material funxible, escenografía, maquillaxe, iluminación, cartelería, programas de man, desprazamentos…). Unha destas ideas é a elaboración de chapas co seu logotipo. Este é o resultado…

O Logotipo

Xa temos LOGO, e ben bonito que é. Grazas a todas as aportacións rapaces e rapazas. A calidade é tremenda e mellor as explicacións. Sen dúbida que xa estades conectados como unha auténtica compañía. O logo final saiu da fusión de varios traballos, que entre todos e todas decidistes en varias sesións. Viva “Alsighar”!!

O tema e a tese

A Compañía de ópera Alsighar, despois de contestar de forma individual ás preguntas “Que che dá medo?, que che fai feliz?, que che enfada? que che pon triste? ou que che preocupa?” no seu caderno e, posteriormente, compartir as respostas co resto de membros, decidiron o TEMA e a TESE da sú obra operística. Tema: Medo a despedirse de amigos/as e compañeiros/as. Tese: Aínda que os cambios sexan fortes, a amizade RESISTE. Compartimos tamén os tablós (foto final da representación escénica) das preguntas

Novas metáforas

A metáfora da mazá vén a ensinar que non fai falta obxectos para representar realidades e a metáfora do espello consiste en concentrarse na mirada do reflexo (ata que se perda a noción do tempo) e logo escribir no seu diario de aprendizaxe ou caderno de bitácora todo o que perciben (non tanto fisicamente), como se sinten, que persoa vén no espello…

Retos III

Continuamos o proxecto retando aos rapaces e rapazas da Compañía Alsighar para que se superen como grupo fomentando a cooperación e o traballo en equipo. Van mellorando día tras día.

Retos II

Continuamos o proxecto retando aos rapaces e rapazas da Compañía Alsighar para que se superen como grupo fomentando a cooperación e o traballo en equipo. Van mellorando día tras día.

Seguimos con máis rutinas

Os nosos rapaces e rapazas siguen unindo forzas e convertíndose nun auténtico grupo, nunha auténtica compañía.

Somos Compañía

Traballamos a cohesión de grupo para sentir a pertenza a unha compañía!!! SOMOS COMPAÑÍA!!!

Xa temos nome da compañía

Despois de moitas sesións de afondar nas emocións e no corazón, os alumnos e alumnas de 6º chegaron ao acordo de chamar á súa compañía de ópera: “Alsighar” (الصغار) que significa “pequeniños” en árabe. Xustificaron a súa elección en que non queren deixar de ser nenos e nenas para seguir disfrutando do seu compañeirismo e evitar as posibles despedidas do futuro. Queren seguir emocionándose xuntos e gozar da súa inocencia.

Ver

Historia do Olelé

Os rapaces e rapazas de 6º traballaron sobre unha fermosa historia de fortaleza, traballo en equipo e unión ante as adversidades. E así nolo explican…

Primeiros retos

Divertíronse superando os primeiros retos do curso e traballando a frustración nos retos que non superaron. Ánimo rapaces!!!!

Primeiras metáforas

A primeiras metáforas do curso para traballar a concentración e a expresión corporal. Os nosos alumnos e alumnas comezan a perder o medo escénico e “soltan” toda a súa creatividade.

Primeiras rutinas e dinámicas

Poñémonos en marcha coas primeiras dinámicas para traballlar a cohesión de grupo, mellorar a coordinación, a atentión e valorar o silencio.

COMEZA UN NOVO CURSO DE LÓVA

CURSOS ANTERIORES

O proxecto LÓVA “La Ópera como Vehículo de Aprendizaje” foi desenvolto ao longo de catro cursos nos últimos anos. No curso 23/24, unha das profesoras implicadas neste proxecto recibiu formación ERASMUS+ en Grecia, durante unha semana no mes de marzo.

Aquí tedes un resumo do que supuxo a implantación deste proxecto no noso centro ata o día de hoxe. A nosa intención é continuar coa posta en práctica de LÓVA en próximos cursos.

Preguntas frecuentes

Que nos identifica no Colexio Lestonnac?

Somos un colexio que pertence á Rede Educativa Arenales. Aquí buscamos a excelencia académica, pero tamén a excelencia humana, porque unha boa persoa adoita ser un bo profesional. Por iso o respecto aos demais, a un mesmo, ao traballo ben feito, son valores humanos e cristiáns que inculcamos no noso alumnado da man dos seus pais. Temos o ambicioso obxectivo de servir á sociedade, ás familias e ao alumnado.

Que aporta que o Colexio Lestonnac pertenza a Arenales Red Educativa?

Lestonnac é a primeira escola da Rede Educativa Arenales. Nestes momentos a rede está formada por máis de 30 centros educativos distribuídos por todo o mundo. Todos eles asumen un modelo de competencias e valores denominado IAM (Innovación, Autonomía, Mentoría). Do mesmo xeito que incorpora o código de boas prácticas, o regulamento de réxime interior e o plan de igualdade. Todos eles documentos que teñen a súa orixe en anos de experiencia e que buscan garantir a equidade, a inclusión e a igualdade.

Cal é o modelo IAM?

IAM é un programa de transformación co que buscamos ser centros educativos punteiros no século XXI. Este programa divídese en tres eixos principais: Innovación: buscamos ser unha organización aberta en comunicación permanente co mundo no que vivimos. Autonomía: axudamos a cada un dos nosos alumnos a tomar o control da súa vida, a ser persoas autónomas. Mentoría: cada un é protagonista da súa propia educación e, ao mesmo tempo, colabora na dos demais.

Como se aplica o programa IAM no Colexio Lestonnac

Innovación: A través da iniciativa iPad conséguese a integración da tecnoloxía na educación. Así como un plan de desenvolvemento curricular dixital “Mobile Learning” en todas as etapas. Autonomía: Promovemos a educación en habilidades blandas: o desenvolvemento de falar en público, habilidades de liderado, desenvolvemento do pensamento emocional, pensamento creativo e primeiros auxilios, etc. Mentoring: A través de titorías persoais entre o profesor e o alumno, para axudarlles a coñecerse mellor a si mesmos, a desenvolver habilidades sociais, a aproveitar os seus talentos, a forxar a súa autoestima e a ser felices de forma independente.

Solicita información

Temos as nosas portas abertas para ti: queremos coñecerte, mostrarche as instalacións e mostrarche o proxecto educativo, para iso enche o formulario e agenda unha visita ou pregúntanos que queres.