Educación da Interioridade
|
A Educación do ser foi unha constante na nosa educación. Santa Xoana de Lestonnac, desde moi nova, na súa vida escoitou “Non deixes apagar a chama”. Esta expresión foi como un mantra para nós. A interioridade é ese espazo no que se integra o corporal, cos pensamentos, sentimentos, crenzas e emocións para sentirnos seres unificados. Coidamos a dimensión interior de toda a Comunidade Educativa, xa que pensamos que o que nos pasa por dentro, no noso mundo interior, é moi importante para o correcto desenvolvemento de todas as dimensións da persoa. O “Proxecto i” de Educación da Interioridade está presente en todos os colexios. É un proxecto que parte da vivencia persoal, para que no día a día do colexio e na forma de educar intégrense prácticas educativas de respiración, relaxación, silencio, xestos, apertura á transcendencia…que nos fagan ser máis conscientes da dimensión interior das persoas. |
O obxectivo deste Proxecto, enmarcado no Proxecto Educativo, propón desenvolver a capacidade deinteriorizar das persoas. Concíbese como un proceso de descubrimento, a partir da experiencia, da riqueza de ser persoa e da capacidade de reflexionar e gardar no corazón os acontecementos da vida, para establecer unha relación nova cun mesmo, cos demais, co mundo e coa Transcendencia.
É un proxecto que inclúe a toda a comunidade educativa e pola súa práctica se integra na vida cotiá do noso alumnado, de tal xeito que contribúe á mellora da convivencia no noso centro, ó clima de traballo, ó rendemento, á axuda entre iguais... Tamén nas familias a través dos obradoiros desenvolvidos ó longo do curso.
Este obxectivo xeral poderíase despregar nestes tres obxectivos:
· Desenvolver o autocoñecemento.
· Unificar as dimensións da persoa.
· Promover a apertura á transcendencia.
E pretendemos
· Aprender a centrarse.
· Aprender procesos de silenciación e escoita.
· Aprender prácticas de meditación.
· Entrar no interior de cada un.
· Identificar sentimentos e emocións.
· Expresar sensacións con creatividade.
· Desenvolver a empatía.
· Potenciar a admiración do que nos rodea.
· Desenvolver a creatividade como modo de expresión da experiencia interior.
· Explorar sobre o sentido da vida.
· Unificar as dimensións da persoa.