Izar é un programa dirixido a mellorar a excelencia académica en todas as etapas educativas dun centro: dende Infantil ata Bacharelato.
O estudo e a colaboración son os motores deste proxecto dirixido a mellorar o rendemento académico en todas as etapas educativas. Un programa que permite ao persoal da rede coñecer outras realidades pedagóxicas e de xestión, e axuda a compartir metodoloxías para mellorar o proceso de ensino e aprendizaxe.