O ritmo da sociedade actual fai cada vez máis preciso a oferta de servizos complementarios á propia actividade educativa.
Entendemos este servizo como un espazo educativo máis, onde os nosos alumnos/as asenten hábitos alimenticios e normas de convivencia na mesa.
O prezo por neno/a e día será de 9 € , mediante un vale que se compra na Portería. Tamén podedes coller bonos de 20 comidas ao prezo de 130 €.