O noso equipo de orientación está formado por un grupo de especialistas (psicólogos, pedagogos e logopeda) que establece un servizo de atención permanente ao alumnado, ao profesorado e ás familias, por medio das seguintes accións:
- Atención ao alumnado que máis o necesita, en estreita colaboración cos titores/as profesorado e familias.
- Relacións con outros Equipos de Orientación, e outros centros e servizos externos aos que acoden algúns dos nosos alumnos.
- Axudar ao alumnado para mellorar o seu traballo e rendemento académico.
- Axudar a resolver os problemas que se lle presentan ao/á alumno/a.
- Capacitar ao alumnado para a toma de decisións en momentos importantes.
- Facilitar material e asesoramento ao equipo docente