Solicita información

Calendario e horarios

Infantil

O horario lectivo para Educación Infantil e Educación Primaria:

Luns a venres 9:15 h a 14:15 h

O profesorado realizará o seguinte horario non lectivo:

Luns de 16:15 a 18:15 h (todo o profesorado)
Mércores de 16:15 a 18:15 h

Primaria

O horario lectivo para Educación Infantil e Educación Primaria:

Luns a venres 9:15 h a 14:15 h

O profesorado realizará o seguinte horario non lectivo:

Luns de 16:15 a 18:15 h (todo o profesorado)
Mércores de 16:15 a 18:15 h

Secundaria

O horario lectivo para a E.S.O.:

Luns a venres 8:25 h a 14:10h
Martes de 16:15 a 17:55 h.

O profesorado realizará o seguinte horario non lectivo:

Luns de 16:15 a 18:15 h (todo o profesorado)

O profesorado da ESO realizará 2 horas semanais en diferentes momentos dependendo do seu horario lectivo.

Calendario

Nesta páxina podes consultar o calendario escolar xeral, con todas as datas e eventos importantes para que non te perdas nada. Tamén queremos darvos todos os detalles dos horarios en cada etapa. Sabrás o que fai a túa filla ou fillo en todo momento!

Horario ampliado

Este servizo funciona dende o 12 de Setembro. O prezo por neno/a e día será de 45 €/mes dende as 7:30 h. e de 25 €/mes dende as 8:30 h. Tamén tedes á vosa disposión bonos de 5 sesións por 17€ e de 10 sesións por 27€ (Os días soltos sen franxa horaria teñen un prezo de 4€) Os nenos/as son atendidos polo Persoal do Colexio.

Preguntas frecuentes

Que nos identifica no Colexio Lestonnac?

Somos un colexio que pertence á Rede Educativa Arenales. Aquí buscamos a excelencia académica, pero tamén a excelencia humana, porque unha boa persoa adoita ser un bo profesional. Por iso o respecto aos demais, a un mesmo, ao traballo ben feito, son valores humanos e cristiáns que inculcamos no noso alumnado da man dos seus pais. Temos o ambicioso obxectivo de servir á sociedade, ás familias e ao alumnado.

Que aporta que o Colexio Lestonnac pertenza a Arenales Red Educativa?

Lestonnac é a primeira escola da Rede Educativa Arenales. Nestes momentos a rede está formada por máis de 30 centros educativos distribuídos por todo o mundo. Todos eles asumen un modelo de competencias e valores denominado IAM (Innovación, Autonomía, Mentoría). Do mesmo xeito que incorpora o código de boas prácticas, o regulamento de réxime interior e o plan de igualdade. Todos eles documentos que teñen a súa orixe en anos de experiencia e que buscan garantir a equidade, a inclusión e a igualdade.

Cal é o modelo IAM?

IAM é un programa de transformación co que buscamos ser centros educativos punteiros no século XXI. Este programa divídese en tres eixos principais: Innovación: buscamos ser unha organización aberta en comunicación permanente co mundo no que vivimos. Autonomía: axudamos a cada un dos nosos alumnos a tomar o control da súa vida, a ser persoas autónomas. Mentoría: cada un é protagonista da súa propia educación e, ao mesmo tempo, colabora na dos demais.

Como se aplica o programa IAM no Colexio Lestonnac

Innovación: A través da iniciativa iPad conséguese a integración da tecnoloxía na educación. Así como un plan de desenvolvemento curricular dixital «Mobile Learning» en todas as etapas. Autonomía: Promovemos a educación en habilidades blandas: o desenvolvemento de falar en público, habilidades de liderado, desenvolvemento do pensamento emocional, pensamento creativo e primeiros auxilios, etc. Mentoring: A través de titorías persoais entre o profesor e o alumno, para axudarlles a coñecerse mellor a si mesmos, a desenvolver habilidades sociais, a aproveitar os seus talentos, a forxar a súa autoestima e a ser felices de forma independente.

Solicita información

Temos as nosas portas abertas para ti: queremos coñecerte, mostrarche as instalacións e mostrarche o proxecto educativo, para iso enche o formulario e agenda unha visita ou pregúntanos que queres.